Super 8 Valadares


Dúas curtametraxes de ficción están rexistradas na historia cinematográfica do barrio de Valadares. A ferramenta, unha vella cámara de Super 8, os produtores, o grupo de teatro Escoitade, referente no teatro amateur galego dende 1972. Baixo a dirección de Antonio Caeiro, primeiro, e Doro Piñeiro, despois, foron creadas estas dúas obras xa históricas, "Manoeliño" (1982) e "Livia" (1983). Moitas das vellas filmacións de Super 8 aínda permanecen agochadas en faiados e rochos. En Curtopía queremos arrancar cun proxecto de recuperación desa memoria audiovisual aínda oculta en Valadares e contorna. Para comezar con este proxecto faremos unha especial proxección destas dúas películas coa presenza dalgunhas das persoas implicadas.

Teatro Escoitade | CVC Valladares