fotogramapoesia

Sinopse: A poética dos sons agochados no ruxido dunha cidade, o poema filmado ou o retrato do poeta, os versos escritos a través da interacción de imaxe e son. Cinema e poesía mestúranse nunha mostra que presenta 4 proxectos, 4 procesos de creación cinematográfica arredor da poesía.

Sinopse longa: A poética dos sons agochados no ruxido dunha cidade, o poema filmado ou o retrato do poeta, os versos escritos a través da interacción de imaxe e son. Cinema e poesía mestúranse nunha mostra que presenta 4 proxectos, 4 procesos de creación cinematográfica arredor da poesía.
Versogramas é un percorrido polo xénero da videopoesía. Un documental creado por un caleidoscópio de versos, sons e fotogramas. Mais Versogramas vai máis aló.
  • Parkour Sonoro é unha serie de reinterpretacións ou apropiacións dos sons agochados na cidade, a cidade como instrumento e a transformación do seu ruído en música.
  • Fiinda é un colectivo de creación videopoética que explora as interacións de imaxe e son e as friccións co texto.
  • Border Poetry é unha procura desas fendas onde a poesía teima en medrar. Paisaxes interiores de poetas que en diferentes recunchos do mundo amosan a súa realidade.