Alg-a Lab

Máis info
 

En auto

Se vas subir no coche, tes que aparcar ó redor da igrexa, non intentes subir ó festival en coche, xa que non hai onde aparcar. A igrexa está moi preto. Aparcamento para furgonetas e Campers: aparca na igrexa de Valadares, hai sitio chairo e tranquilo.

En autobús

A liña C7 do Vitrasa te deixa moi perto do festival. Tes que baixar na parada do “Baile vello”. Pregúntalle ó conductor. Dende alí subindo polo Camiño do Laranxo e a 200m, chegas o alg-a lab. Está indicado. Podes consultar aquí

En Bici

Propoñemos unha ruta que é a que facemos nós, neste enlace, por castrelos- estrada de valadares – camiño do laranxo – camiño da igrexa A duración do percorrido ciclista Praza de América-Festival é do redor de 25-30 min indo con tranquilidade. Son pouco mais de 5km. A convocatoria é aberta. No punto de saída non haberá xente da organización xa que nós teremos que estar arriba moito antes, así que o percorrido e o momento de saída teredes que xestionalo os propios participantes.

A pé

Podes subir a pé dende Vigo, Beade ou Matamá. Dende Castrelos leva ó redor de 50 min facendo este percorrido. Dende Beade ou Matamá tes outras opcións…