Videocartas GZ - Berlín
Sábado 4, 20:45h


O proxecto Videocartas Galiza-Berlin está concebido para crear diálogos de emigración entre diferentes xeracións de distintas realidades. As videocartas son a unión perfecta entre todo o bo das misivas e o bo do audiovisual: permítennos comunicar dúas (ou máis) realidades véndoas e escoitándoas. Os participantes, autores das pezas, empregan a a ferramenta audiovisual como unha forma de expresión dun traballo personal ao redor da emigración, gracias á combinación das disciplinas que toman parte no proxecto: a psicoloxía e o audiovisual.

Videocartas Galiza - Berlín en prensa