Etnografías I. Xes Chapela. Sábado 28, 20.00h

 

Xes Chapela, director e guionista con máis de 20 traballos no eido do documental nas súas costas. «Jazz en liberdade» foi o seu primeiro traballo como documentalista. En Curtopía presentaremos o traballo máis achegado á documentación etnográfica deste creador do Morrazo. O seu traballo máis recente «Milímetros» narra o proceso de recuperación de imaxes dos anos 30 esquecidas nun faiado. En «Lobos», Xes dialoga coa memoria oral dunha aldea da Raia Seca en torno á impoñente figura do lobo. O propio Xes Chapela presentará e comentará os seus traballos. Actualmente Xes pertence á Rede europea de documentalistas EDN European Documentary Network.

 

Proxección:

Lobos de Xes Chapela (11’)

Milímetros de Xes Chapela (55’)

 

Etnografías II. Proxecto Rotopala + Música en branco: Memoria da Agra do Orzán. Domingo 29, 17.30h

Unha selección de Abarlovento -Asociación Cultural-.

Novas miradas planexan sobre vilas e cidades:

O proxecto rotopala achéganos á vila das Pontes de García Rodríguez (Galiza) e Konin (Polonia) a través dos imaxinarios recentes creados pola industria. O novo patrimonio herdado: a Rotopala, o enorme enxeño da mina de carbón a enorme máquinas extractoras de carbón. Unha reflexión sobre o patrimonio industrial e a reconversión económica e social de duas vilas mineiras a través da viaxe de dúas rotopalas.

Música en branco achéganos ó barrio da Agra do Orzán a través dunha chea de ferramentas de participación e innovación social: un programa de radio itinerante dirixido por Xurxo Souto, as Barriografías; un obradoiro de construción colaborativa de rutas de sendeirismo rururbano con Cristina Anllo;a creación dun barrio-museo intelixente mediante audioguías a cargo do colectivo Escoitar.org; unha convocatoria pública de microproxectos de intervención cultural; a representación plástica do son e a recolleita da testemuños orais dos maiores realizados por escolas e institutos da contorna; o Contedor de Feminismos de Carme Nogueira, Anxela Caramés e Uqui Permui; a elaboración dun mapa sonoro do barrio a partir das microhistorias da música recollidas polo equipo de Música en Branco…

 

Monografías. Llorenç Soler. Cuestionando o progreso? Domingo 29, 12.00h

Dúas olladas de Llorenç Soler para compoñer un díptico que cuestiona a noción convencional de progreso. Prácticas colectivas e defensa do territorio fronte a unha idea do progreso baseada na velocidade e o individualismo. Retratos das loitas veciñais contra a construción da Autopista do Atlántico e pola recuperación dos montes veciñais en man común. Co consenso da Transición esnaquizado a recuperación destas pezas revela un pliegue na historia e que quizais estamos máis cerca do 77 do que estabamos hai dez anos.

 

Proxección:

Autopista, navallada na nosa terra de Llorenç Soler(28’)

O monte é nosso de Llorenç Soler (30’)

 

Monografías. Sahara Sábado 28, 12.00h

Tres documentos sobre o conflito do Sahara. Tres visións dunha mesma realidade.

“Gdeim Izik. El campamento de la resistencia saharaui”, un documental onde conflito é narrado en primeira persoa, a violencia desatada no campamento de Gdeim Izik é xa un dos máis escuros episodios da historia do estado marroquí.

“Mares de Risa, Barcos de Pedra” relata a experiencia dos “Pallasos en Rebeldía” durante o pasado Festival Internacional de Cine, o FISahara 2012.

Por último, “El espectáculo” propón un experimento poético con tres protagonistas: un amigo saharauí no exilio, un grupo de rapaces do deserto e unha obra de teatro.

 

Proxección:

Gdeim Izik. El campamento de la resistencia saharaui de Lluis Maria Güell (27’)

Mares de Risa, Barcos de Pedra (23’) de Pallasos en Rebeldía

El espectáculo de Èrika Sànchez y Xavier Esteban (30’)

 

As loitas veciñais na Rururbania: Elviña, Notre-Dame-des-Landes e (Porto) Cabral. Domingo 29, 19.00h

 

> Elviña (A Coruña)

> «Notre Dame des Navios (Nuestra Señora de los Aviones)»

> «Je suis Notre Dame des Landes» (Yo sigo à Nuestra señora de las Landes») [Bretaña histórica

>[Porto] Cabral (Vigo)

 

 

A expansión das cidades en Galicia e na Bretaña histórica continúa a facerse no 2013 a costa dos veciños, dos ben públicos e comunais, e da substitución de terras e agras por cemento. ¿Quen dixo crise?

Pero os conflictos veciñais que se están a producir fannos ver que hai novas maneiras de mirar á cidade. Benvidos na Rururbania, a cidade onde vivimos non é como nola teñen contado. Unha mirada ao que acontece no barrio de Elviña, na Coruña, no commune de Notre-Dame-des-Landes, Bretaña e na parroquia de Cabral, en Vigo.

Unha selección de Abarlovento -Asociación Cultural, Tankollectif e Tecnoloxías Apropiadas

 

 

Raias Traveseiras: Transitando a vida. Sábado 28. 16.00h

Mostra que ten o traballo como centro, como motor da deslocalización das vidas e como lugar alleo no que vivir as nosas transformacións. Traballo que provoca mudanzas ou mudanzas que interfiren no traballo. As migracións físicas consecuencia da necesidade de emprego, as migracións dos roles de xénero para adaptarse ás necesidades do mercado, o mercado cambiante no que o movimento é unha obriga e as consecuencias dos nosos desexos e identidades reflexadas no día a día do traballo.

Tres curtas nas que o traballo, o xénero, a sexualidade e a violencia institucional serven de fío para mostrar algunhas das moitas vidas que transitamos.

 

Proxección:

Zona Franca de María Ruído (20’)

Asuntos Internos de Uqui Permui e Xoán Anleo (23’)

Sobren Raons de Tanquem els CIEs (30’)

 

Espazo Aberto Antimilitar. Domingo 29, 13.00h

A través desta breve mostra poderemos achegarnos á realidade das guerras e reflexionar sobre os papeis dos diferentes axentes implicados nelas e as súas motivacións, deixando un espazo para aproximarnos ás loitas antimilitaristas tan necesarias hoxe como antano.

Espazo Aberto Antimiltar (www.nonaogastomilitar.org)

 

Proxección:

Discurso veterano de guerra (5’)

Are you a patriot? (3’) (Finalista de Concurs d’Animacions per la pau

Acción 2013 contra Xunta Accionistas BBVA (2’)

Acción 2012 contra Xunta Accionistas BBVA (3’)

Nato Game Over (1’)

 

 

Documentando a lingua. Sábado 28, 18.00h

A urbanizaçom acelerada da sociedade levou muitas pessoas armadas de máquinas de gravar às aldeias. A intençom é com freqüência imprecisa: registar algo e todo ao mesmo tempo, porque som demasiadas as cousas que os nossos avós levam consigo. Outras vezes, como o que este ano trazemos ao Curtopia, existe umha vontade clara: documentar a relaçom entre as falas galegas e a língua portuguesa que o galego mais urbano desconhece. Dous coletivos reintegracionistas, a Gentalha do Pichel e Filmes de Bonaval exibem e explicam para nós quatro peças que rumam nesse sentido:

Nom estamos de folga, estamos de greve (2’)

Leite gordo ( 6’)

Quarta-feira logo vem (12’)

Entre Línguas (32’)

 

Webseries

As webseries están a ocupar un espazo que adoitaban a ocupar as curtametraxes, o espazo para dar a conocer aos novos creadores. En Curtopía vos achegamos dúas das webseries máis interesantes feitas en galego.

Fame. Domingo 29, 17.00h

A viaxe de Eme e Uve interrómpese ao anoitecer por culpa do seu coche, polo que se ven forzadas a pasar a noite nunha casa rural. Alí pasarán unha noite de festa desenfreada. Alcol, sexo e rock’n’roll. Ata aí podemos contar…

Non saimos do Lixo. Sábado 28, 22.45h

Serie de humor feita para o portal de música en galego Komunicando.net. Humor corrosivo e explícito na senda de Little Britain ou Vaya Semanita.

 

 

GOVI, Á busca dos restos da balea mecánica. No espazo expositivo KONTAINER. Permanente...

Unha balea mecánica é un animal mitolóxico das rías galegas (as baleas mecánicas, como o resto das baleas, viven na mar en forma de balea aproximadamente 80 anos). Pasados estes anos,  non morren, van ás baleeiras onde sofren unha metamorfose e desmóntanse en pezas que se misturarán entre os territorios e os seus habitantes. Esta é a historia de GOVI, a balea que ten entrado na ría de Vigo para seguir a vida como alimento das diferentes fábricas, asteleiros ou factorías  en letargo, alimento que as enche de folgos para retomar ás súas actividades ou outras diferentes que axudan a fundir as arelas e necesidades dos habitantes, xerando así un proceso transformador da vida na ría e dos que a habitan…

  …ves a descubrir a Ría con GOVI?

No Kontainer convidámoste a descubrir nas viñetas do #govi debuxadas por Alexandre Doucin, a beleza do patrimonio industrial ó redor da ría, e gustaríanos que te unises para crear a túa propia historia de govi, a historia dun govi común, que alimente, que reavive e que encha de valor e actividade aqueles espazos en letargo que outrora alimentaron a nosa contorna.

No pasado encontro de Arquitecturas Colectivas Galiza, foron moitas as que nos acompañaron compartindo as súas experiencias de revalorización,# re-uso, #bicomun, reforma, … de edificios esquecidos que gracias ó traballo común da veciñanza e dalgúns colectivos lograron espertar do seu letargo.

No Kontainer atoparás as reflexións entonrno a: A Panificadora Vigo [Entremos na Panificadora] Cácere Ourense[ Imosentrar], Cárcere Coruña [Proxecto Cárcere], Campo de Cebada [Carmen] e Can Batlló [La Col] que nos deixan ademais un documental «Com un gegant invisible» / Can Batlló i les ciutats imaginaries/

 

Estrea Videoclip. Dreams of Dolly Sheep – Last Night. Domingo 29, 16.30h.

Na pasada edición de Curtopía o grupo vigués Dreams of Dolly Sheep despregaba toda a súa enerxía e bo rocanroll no escenario do Baixo Pedra, acompañado de un montaxe visual elaborada polos tamén vigueses a*sombra producións. As guitarras das ovellas clónicas e as imaxes empregando a técnica do Super Slow Motion encaixaron como pezas de lego.

De esta colaboración naceu o proxecto do videoclip que agora se estrea en Curtopía 2013. A peza audiovisual que acompaña ao tema Last Night (Dreams of Dolly Sheep – Laboratorio Clónico Nº3) combina imaxes gravadas no directo do Curtopía 2012 con secuencias filmadas en slow motion percorrendo algúns dos locais máis míticos da noite viguesa.

 

Presentación “Alén do Cosmos” Sabado 28, 22.30h.

Alén do Cosmos é un documental sobre o periplo vital de Santiago Formoso, un galego que a finais dos 60 emigrou a New York, onde empezou a estudar grazas a unha beca deportiva da Universidade de Pennsylvania e acabou gañándose a vida como futbolista no lendario New York Cosmos, xunto a estrelas como Pelé, Beckenbauer, Carlos Alberto ou Johan Cruyff. Retirado a finais dos 80, Formoso e hoxe un galego-americano máis dos moitos que viven en Queens ou Newark, cunha interesante experiencia que contar sobre o deporte, o negocio e a vida concibida como espectáculo.

 

Estrea Videoclip. Undertown – Ephemeral. Realizador Marcos NineSábado 28, 23.00h.

Videoclip dirixido por Marcos Nine e gravado na Illa de Arousa. Con este tema o grupo do Salnés presenta o seu primeiro álbum “Shelter”, unha boa mostra de rock directo con influencia dos noventa e inspiración progresiva.