Documental de Radio

Continúa a colaboración de Curtopía ca Radio Piratona radio libre dende Valadares, 106.1 FM, con dúas actividades principais: a proxección do documental Zintzilik Irratia 27 años no son nada!!, sobre a Radio libre de Orereta (Guipúzcoa), e un coloquio radiofónico tras a mostra Mulleres en Resistencia, no que participarán algunha protagonista das pezas, ademáis de Raias Traveseiras, Galiza Contrainfo e ODS-Coia. Complementariamente aseguran que tratarán de gravar entrevistas cxs distintxs artistas e personaxes que pululen polo festivaliño, e informarán dos asuntos da radio a quen teña interese. O documental será proxectado na sala terra-palla ás 20h.