Dentro do festival de Curtopía esta sección realiza unha mostra de curtas onde trataremos a deriva que esta a tomar a ficción en Galicia: novas propostas, novas vías, novos formatos… Nesta ocasión contamos coa presencia dos responsables da webseire Dalle Jas! e da serie Vento Ferido con quen visionaremos e falaremos do seu traballo.
- Dalle Jas! Nesta proposta da compañía teatral Triatreros da o paso ao audiovisual sen esquecer a súa esencia dos xogos de improvisación que os caracteriza e que tamén están presente nesta nova andaina. O elenco da webserie está formado por os compoñentes de Triatreros:Tone Martínez, Bea Campos, Omar Ferrín, Alba Bermúdez, Miguel Canalejo e Martín Martínez, que compartiran viaxe con grandes colaboracións do panorama teatral e audiovisual galego.
A webserie conta a historia de cinco descoñecidos moi diferentes que deciden compartir coche para realizar unha longa viaxe. Unha road movie chea de humor na que os personaxes fan un percorrido interno o longo dunha viaxe na que explorarán novos estilos de vida mediante as súas vivencias en grupo.
- Vento Ferido Transposición fílmica da obra homónima de Carlos Casares, unha historia única capaz de recoller o estilo e o ton empregados polo autor .
O proceso de creación da trama principal así coma dos personaxes, fíxose partindo da base dos que xa creara Casares. Deste xeito poderíase dicir que os relatos que máis influíron neste desenvolvemento foron: “O xogo da guerra” e “Agarda longa ao sol” dous referentes importantes xa que deles xorden figuras sen as que a serie non podería existir, como son o Rata e Milo. Destes títulos extráense situacións e temáticas tales coma a soidade, a violencia ou a propia idea do suicidio. A infancia é tamén un tema recorrente nesta obra (“O xogo da guerra”, “O outro verán”, “A rapaza do circo”, “Vou quedar cego”), feito relevante que se amosa nesta adaptación a través do pasado común dos protagonistas e o impacto que esta tivo na súa situación e relacións actuais.