Mostras 2016

img_3600

Mulleres en Resistencia

 Sinopse: Esta mostra é a presentación dun proxecto audiovisual en formato de pequena entrevista, a través do que se quere visibilizar a mulleres da cidade de Vigo que resisten a dureza da cotidianidade con forza e na búsqueda de espazos de apoio mutuo. Elas son invisibles para o estado, pero tamén para os ollos dunha […]

20599_974753989202453_8367328365634818102_n

Loitas en comunidade

Sinopse: Nesta mostra poderemos ver diferentes loitas veciñais que se deron en barrios da península para defender espazos tanto públicos como privados, pero en todo caso necesarios para a cidadanía. Nela visitaremos a Corrala Utopía, o Bloc Salt, o barrio de Gamonal e no máis cercano ao noso territorio, o barrio de Coia. Curtopía é […]

dalle-jas-webserie

Os camiños da ficción na actualidade en Galicia

Dentro do festival de Curtopía esta sección realiza unha mostra de curtas onde trataremos a deriva que esta a tomar a ficción en Galicia: novas propostas, novas vías, novos formatos… Nesta ocasión contamos coa presencia dos responsables da webseire Dalle Jas! e da serie Vento Ferido con quen visionaremos e falaremos do seu traballo. Dalle […]

Distopías / Falsos documentais en Galicia

Sinopse: Visita a Galicia contemporánea: A invasión de eucaliptos que nos goberna trouxo finalmente ao seu principal siareiro ao país: o koala. Moitos o viron neste ano 2016 na Mancomunidade da Farbuda (A Coruña), o que foi recollido por moitos medios de comunicación oficiais. Ademais, o famoso lago de As Pontes de García Rodríguez, que […]

cicloxenese

Cicloxénese Cultural

Sinopse curta: «Cicloxénese Cultural Ca ViVan Lois! 2016»  foi unha iniciativa de contracultural de dinamización artistica arredor da figura de Lois Pereiro. Unha das actividades foi «Siluetas Furtivas» o primeiro certame cicloxénico de Ilustración e videocreación, para celebrar o nacemento do poeta Lois Pereiro e pasear a súa ·Silueta Furtiva· arredor do mundo. Sinopse larga: […]

fotogramapoesia

Cinema e Poesía

Sinopse: A poética dos sons agochados no ruxido dunha cidade, o poema filmado ou o retrato do poeta, os versos escritos a través da interacción de imaxe e son. Cinema e poesía mestúranse nunha mostra que presenta 4 proxectos, 4 procesos de creación cinematográfica arredor da poesía. Sinopse longa: A poética dos sons agochados no […]

imagen-louis

Reconversión en cadena

Sinopse curta: A mostra pretende cuestionar a herdanza da industrialización masiva dos séculos XIX-XX e o seu impacto na sociedade e no territorio.    Sinopse longa: Tras vivir unha época de efervescencia industrial ligada á explotación de materias primas locais, moitos pobos e cidades sufriron un proceso de despoboamento ao desaparecer a súa principal fonte […]

bioconstrucion-steampunk1948

Bioconstrución Steampunk 1948

Sinopse: Trala derrota na Segunda Guerra Mundial, Alemaña carece das materias primas necesarias para a emerxente construción en formigón armado. Así, o Estado decide apostar pola construción en terra de edificios de vivendas para facer fronte á numerosa demanda de vivenda existente. O resultado, o desenvolvemento dunha incrible pero real maquinaria de construción sacada dunha […]