imagen-louis

Sinopse curta:

A mostra pretende cuestionar a herdanza da industrialización masiva dos séculos XIX-XX e o seu impacto na sociedade e no territorio. 
 
Sinopse longa:
Tras vivir unha época de efervescencia industrial ligada á explotación de materias primas locais, moitos pobos e cidades sufriron un proceso de despoboamento ao desaparecer a súa principal fonte de recursos económicos. Nestes áreas queda a herdanza do urbanismo industrial con tipoloxías urbanas obsoletas (cidades xardín, bloques de vivenda masivos, etc…) e  espazos públicos e equipamentos  ligados a prácticas sociais desaparacidas,agora baleiros.
A mostra, fala da achega que cada vez mais colectivos fan a esta problemática, acompañando á veciñanza na reflexión desta rápida evolución da súa contorna, traballando con diferentes metodoloxías de ocupación dos espazos urbanos, de linguaxes, de visións coa intención de re-establecer o vínculo social nestes territorios na procura da identidade.
Amósanse estas visións a partires do proxecto «urbanismo emocional» de Videodinamizarte, con diferentes miradas de diferentes narradoras sobre a transformación da vila das Pontes como polo de producción enerxética, os colectivos ETC e Los Saprophytes sobre a reapropiación da cuenca mineira dos Flandes franceses e Loius, unha ficción sobre o sentido do traballo.