The Underground Railroad era unha rede clandestina organizada nos EEUU para axudar aos escravos a fuxir das plantacións sureñas cara os estados libres do Norte. Cos cánticos durante o traballo nos campos de algodón, enviábanse mensaxes codificados baixo termos ferroviarios e astrolóxicos a aqueles que lograban fuxir, para axudarlles na súa fuxida indicándolles o camiño e lugares seguros onde poderían atopar outros membros da rede que lles axudarían. É destas cancións de onde brota o primeiro blues e deste, todo o demáis. Esta banda é o noso pequeno homenaxe ás orixes, a alcanzar a liberdade através da música e sempre, eso si, con altas doses de endiañado rock’n roll. Volvan a vista atrás e disfruten…