Obradoiro Creativo de Documental. Xes Chapela.

 

O Obradoiro Creativo de documental será impartido por Xes Chapela entre os días 25 e 28, no marco do Festival Curtopía.

O obradoiro terá unha duración de 12 horas repartidas entre os 4 días. O espazo onde terá lugar será no Alg-a LAB (https://www.facebook.com/alga.lab.9?ref=ts&fref=ts) en Valadares (Vigo).

O custe total do obradoiro son 60€ por participante.

 

Horario:

Mercores 25 – 17.30h – 20.30h
Xoves 26 – 17.30h – 20.30h
Venres 27 – 17.30h – 20.30h
Sábado 28 – 11.00h – 14.00h
Sabado 28 – 20h (aprox) – Presentación de traballos no Festival Curtopia Vigo

 

Os obxectivos principais do obradoiro son:

• O coñecemento básico das técnicas, procedementos e ferramentas para a creación de documentais.

• A realización de curtametraxes documentais durante o obradoiro.

 

Metodoloxía:

Cun enfoque práctico o grupo de alumnos/as elaborarán de xeito conxunto oupor equipos unha curtametraxe documental, aplicando os coñecementos

adquiridos durante as sesións do obradoiro.

Xes Chapela facilitará e axudará á realización do documental a través desolucións técnicas e creativas durante as sesións do obradoiro.

As pezas estarán rematadas ao finalizar o obradoiro para a súa presentaciónpública, e versarán sobre temáticas relativas ao barrio de Valadares.

 

Contidos:

1. xénero documental. Definición, tipoloxías, exemplos.

2. Da idea ao guión. Traballo práctico para a escrita de textos para documentais.

3. A produción. Técnicas, procedementos, equipos. A ollada

documentalista.

4. A montaxe. Distinción de técnicas. O guión de montaxe. A montaxe do documental

 

O obradoiro será realizado se se cubren o mínimo de prazas, establecidas en 8 participantes.

Para formalizar a matrícula enviade un correo á dirección:

curtopia@curtopia.es