20599_974753989202453_8367328365634818102_n

Sinopse: Nesta mostra poderemos ver diferentes loitas veciñais que se deron en barrios da península para defender espazos tanto públicos como privados, pero en todo caso necesarios para a cidadanía. Nela visitaremos a Corrala Utopía, o Bloc Salt, o barrio de Gamonal e no máis cercano ao noso territorio, o barrio de Coia.

Curtopía é o espazo elexido pola Asamblea Aberta de Coia para estrear a curta documental na que se narra a “loita da rotonda”. Nesta mobilización veciñal púxose sobre a mesa o derroche de cartos público para colocar o barco de Alfageme no medio dunha grande avenida na que unha alta porcentaxe de veciñas viven en situación de pobreza.