DR. SWINGLOVE
Sesión Vermú – Sábado 28, a partir das 14.00h.
De Django Reinhardt a Sinatra, este cuarteto de Gypsy Jazz aportará elegancia e diversión. En tres palabras: Swing, swing, swing!
IRENE LA SEN & MONOTRON
Recital ruidopoético
Sábado 28, a partir das 21.45h.
Irene transita las arquitecturas del deseo. Disfraces de paz con nombre de locura. Camino sobre cristales rotos en las avenidas. +http://irenelasen.blogspot.com .es/
SPOOKY PROM MONSTERS
Sábado 28, a partir das 23.30h.
Psychobilly e horrorpunk. Estas son as etiquetas desta formación viguesa que dende oano 2012 operan baixo o nome de Spooky Prom Monsters. Temas propios e versións son as armas desta banda influenciada por Misfits, Sex Pistols, Demented are Go ou The Creepshow, Nekromantix y Horrorpops entre outros. O grupo está formado por batería, dúas guitarras, baixo, voz e keytar.
https://www.facebook.com/SpookyPromMonstersBand
KÉ PERCUSSION
Sábado 28, a partir das 23.30h.
É un grupo vigués que combina un variado repertorio e mestura diferentes estilos musicais, cun espectáculo baseado na percusión, tanto con instrumentos clásicos, como a marimba ou vibráfono, como con instrumentos reciclados e cotiás. Escobas, caldeiros, tubos ou unha baralla poden ser a fonte da súa música.
Ke Percussion mestura diferentes estilos musicais, jazz, latin, rock, house ou tecno. Un espectáculo flexible, aberto á improvisación e á participación activa do público. Ritmo e enerxía se combinada en actuacións que trascenden o musical.
KÈ-PERCUSSION ( Promo Video)
DOUTORES DO RUIDO
Sábado 28, a partir das 23.30h.
Superbanda de músicos reunidos especialmente para esta actuación no Curtopía 2013. A receita destes doutores é unha combinación de altas doses de ritmos latinos, sobre unha base de jazz cultivado nas mellores Jam Sessions, e unhas gotiñas de adrenalina… O ingrediente segredo só o poderedes descubrir asistindo a este único concerto.
Furancho Electrónico Alg-a LAB
Sábado 28, a partir das 01.30h. da madrugada.
Música electrónica, ruidismo, DIY, improvisación libre, paisaxes sonoras. Son artistas sonoros residentes en Alg-a Lab: Mdmme Cell, Macarena Montesinos, Carlos Suárez o Ranters Bay.