Proxecto Nimbos


Proxecto Nimbos é unha iniciativa do crítico e produtor Martin Pawley a través do blog Acto de Primavera co apoio dos seus compañeiros José Manuel Sande e Xurxo González. O colectivo Acto de primavera lanzou, en xullo de 2013 nunha convocatoria a directores de cine galegos e foráneos para a realización de pezas audiovisuais curtas, de entre un e cinco minutos, baseadas nun poema do libro "Nimbos" de Díaz Castro.

Non se trata de ilustrar o poema en imaxes, en absoluto, senón de crear unha obra cinematográfica nova que naza da lectura do poema

comenta Martin Pawley no texto limiar desta iniciativa que se pode ler aquí.

Polo de agora, está confirmada a participación neste proxecto de Margarita Ledo, Xurxo Chirro, Eloy Enciso, Alberto Gracia, Oliver Laxe, David Castro Sopeña, Carlos Álvarez-Ossorio, Diana Toucedo, Juan Lesta, Belén Montero, Xacio Baño, Pablo Cayuela, Alexandre Cancelo, Xan Gómez Viñas, Jaione Camborda, Víctor Hugo Seoane, Otto Roca, Alfonso Zarauza, José Antonio Cascudo, Ángel Santos, Manuel Fernández-Valdés e Eloy Domínguez Serén.